Unha exposición de pintura de “moito peso”
15:10 03/03/23
15:10 03/03/23
Esta tarde abriu a exposición de cadros pintados sobre pizarra do artista Benigno Torres López
Unha nova exposición de pintura, esta vez moi especial, posto que os cadros están pintados sobre lousas (pizarra) das canteiras de O Barco e que despois dun gran traballo de imaxinación e tamén de forza, dan un resultado distinto a calquera outro método de pintura.
O 90% das pezas que expón na Casa da Cultura de Xinzo está dedicada a Muller, neste caso a súa nai.